O CICLO DE CONFERENCIAS DE LOGOPEDIA 2018 ABORDA ESTE ANO A DEFICIENCIA AUDITIVA

20-09-2018 - O próximo xoves, 20 de setembro comeza o Ciclo de Conferencias de Logopedia 2018 "Valoración, Diagnóstico e Intervención en Deficiencia Auditiva".
As charlas que compoñen o ciclo desenvolveranse durante dúas tardes os días 20 e 25 de setembro de 2018 de 16.00 a 19.30 horas no Salón de Actos da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. A entrada será libre.

Participarán neste evento formativo profesionais que traballan no ámbito da deficiencia auditiva como Inés Ruiz Pérez, psicóloga do servicio de atención a familias a ACOPROS, José Antonio Puertas, logopeda da Federación de Persoas Xordas de Galicia; Adoración Juárez Sánchez, logopeda e directora do colexio Tres Olivos de Madrid; Anselmo Padín Seara, médico especialista en otorrinolaringoloxía, do Servizo de Audioloxía Infantil do CHUAC e Marlene Rodríguez Ferreiro, logopeda e audióloga, profesora do Ciclo Formativo de Audioloxía Protésica do Ánxel Casal.

No ciclo de conferencias estarán presentes tamén varias nais de nenos con deficiencia auditiva que contarán a súa experiencia.
Colegio Profesional de Logopedas de Galicia
C/Alfredo Vicenti, 44 bajo 2 (Entrada por Plaza de Portugal)
15004 A Coruña
Tlf. 881 991 361 / Mvl. 654 033 894
e-mail: cplga@cplga.es
Diseño y Programación Web: ViaFisio, S.L. - www.viafisio.com