O CPLGA DEMANDA A UNIFICACIÓN DO SERVICIO DE LOGOPEDIA

14-11-2022 - Esta mañá reunímonos en San Caetano co Director Xeral do Gabinete Técnico da Presidencia, Emilio de la Iglesia Lema para facerlle chegar todas as demandas que temos para mellorar o servicio de logopedia que se presta en Galicia.
Así, explicámoslle a Emilio de la Iglesia que é preciso que todos os galegos teñan o mesmo acceso ó servicio de logopedia, independientemente da patoloxía que lle provoque a necesidade, de onde viva e do hospital ó que acuda, xa que actualmente existen grandes desigualdades que non poden ser mantidas no tempo.

Máis logopedas en Atención Especializada e Atención Temperá e a incorporación do noso perfil profesional nas residencias públicas da terceira idade, nos comedores dos centros públicos de educación especial, nos centros de atención á dependencia e nos equipos de valoración da discapacidade e da dependencia foron outros puntos nos que profundizamos.

Aproveitamos tamén a ocasión para falar da nosa labor no campo da Xustiza, como facilitadores da comunicación.
Colegio Profesional de Logopedas de Galicia
Avenida de Arteixo, 2 - Entreplanta Dcha. - 15004 A Coruña
Tlf. 881 991 361 / Mvl. 604 058 765
e-mail: cplga@cplga.es
Diseño y Programación Web: ViaFisio, S.L. - www.viafisio.com