20-01-2022 - DÍA: Sábado 29 de xaneiro de 10:30 a 12:30h
LUGAR: Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca da Cidade da Cultura de Galicia.
INSCRIPCIÓN (de balde): A través del correo comunicacion@fagal.org o en el teléfono 981 595 121.
Máis información https://fagal.org/encontro-alzheimer-hoxe-unidades-terapeuticas-gl.html
O obxectivo destas xornadas é propiciar un debate sobre un tema de actualidade relacionado coas demencias e fomentar o intercambio de ideas dos diferentes profesionais que traballan cara a cara co alzhéimer. Deste xeito conséguese crear unha rede de atención cohesionada e forte cun obxectivo común: mellorar a atención e a calidade de vida das persoas con demencias e as súas familias.
O Encontro reunirá a profesionais da rama da psicoloxía, neuroloxía e atención primaria de todo o territorio nacional.
Enrique Arrieta Antón: médico de atención primaria en Segovia, membro de SEMERGEN (Sociedad Española de Médicos de Atención Primaria)
María José Moreno Carretero: Neuróloga do Hospital Universitario de Vigo (CHUVI)
Roberto Suárez Canal: Psicólogo. Director Centro Residencial "Dolores Castañeda"- AFA VITAE. Coordinador Federación Provincial Alzheimer de Cádiz