REUNÍMONOS COA CONSELLERÍA DE SANIDADE

04-06-2021 - Onte mantivemos unha reunión coa Consellería de Sanidade presidida polo Coselleiro, Julio García Comesaña. Levábamos tempo solicitando un encontro, polo que foron varios os asuntos a tratar.
Así, falamos sobre a situación da logopedia en Galicia, incidindo en que as prazas son insuficientes e non sempre están consolidadas e lembrando a problemática da centralización dos servizos de logopedia.

Tamén abordamos a necesidade de activar un Plan Galego de Disfaxia con medidas coma a incorporación dos logopedas nas residencias públicas da terceira idade, nos centros de atención á poboación dependente e nos comedores dos centros de educación especial.

Tendo en conta o contexto da pandemia expuxémoslles o noso parecer sobre o erro que se cometeu ó non incluirnos no grupo de vacinación correcto e tamén demandamos un papel na atención ó paciente postcovid a través das Unidades Postcovid que o goberno galego pon en marcha.

Estamos ilusionados porque nos sentimos escoitados e esperamos que este sexa o comezo dunha relación de colaboración contínua que comenzará con algún proxecto do que vos iremos informando.
Colegio Profesional de Logopedas de Galicia
Plaza de Portugal, 9 - bajo
15011 A Coruña
Tlf. 881 991 361 / Mvl. 604 058 765
e-mail: cplga@cplga.es
Diseño y Programación Web: ViaFisio, S.L. - www.viafisio.com