FALAMOS DE LOGOPEDIA EN "QUEN ANDA AÍ?"

05-05-2021 - O pasado luns o secretario do CPLGA Javier Bueno estivo no plató como convidado do programa da TVG "Quen anda aí?" para falar de logopedia.
Os presentadores Rodrigo Vázquez e Roberto Vilar comezaron a entrevista falando do traballo de Javier na UCI do Álvaro Cunqueiro para atender ós pacientes Covid, lembrando que este hospital vigués mantivo aberto o servicio de logopedia durante o confinamento e foi dos primeiros en levar ós logopedista á UCI.

Así, Javier explicou a nosa labor cos pacientes Covid, sobre todo no campo da deglutición, a voz e os problemas de linguaxe explicando que as intubacións prolongadas soen ser causa de disfaxia ou alteracións da voz.

No espacio tamén se abordaron as posibles patoloxías vocais asociadas ó uso de máscaras polos malos hábitos que provocan como a elevación do volume ou o esforzo, cousa que tamén corroborou a directora dun centro educativo duntante unha conexión en directo, na que insistiu nos problemas que supón para os mestres o uso desta medida de protección.
Colegio Profesional de Logopedas de Galicia
Plaza de Portugal, 9 - bajo
15011 A Coruña
Tlf. 881 991 361 / Mvl. 604 058 765
e-mail: cplga@cplga.es
Diseño y Programación Web: ViaFisio, S.L. - www.viafisio.com