CONTRATACIÓN DE LOGOPEDA NO SERVICIO DE ATENCIÓN TEMPERÁ DE VARIOS CONCELLOS DA ZONA DE FISTERRA

12-08-2020 - ASPADEX (Asociación de pais de persoas con discapacidade física e intelectual da comarca do Xallas) selecciona logopeda especializado en desenvolvemento infantil e atención temperá para o Servicio de Atención Temperá da agrupación de concellos de Cee, Corcubion, Muxía, Fisterra, Dumbria, Carnota, Zas, Mazaricos, Vimianzo e Camariñas.
Segundo indican dende ASPADEX, eles xestionan o proceso de selección de persoal a través da recepción de CV e entrevista persoal. Non é unha contratación directa de profesionais por parte dos concellos senón que ASPADEX, como empresa adxudicada por licitación, levará o proceso selectivo.

Sinalamos as características da oferta e as funcións do perfil profesional desexado que se indican para o posto:

- Contrato a xornada completa
- Incorporación inmediata

Requisitos:
- Diplomatura ou Grao en Logopedia
- Formación e/ou experiencia en desenvolvemento infantil e atención temperá

Méritos a valorar:
- Máster en atención temperá
- Outros estudos acreditados de postgrado en desenvolvemento infantil e AT

Funcións asistenciais do profesional do SAT con metodoloxóa de coordinador de caso nun equipo interdisciplinar:

- Diagnóstico e valoración dos trantornos de deenvolvemento de nenos e nenas
- Desenvolvemento psicomotor
- Desenvolvemento cognitivo
- Desenvolvemento da linguaxe e comunicaicón
- Desenvolvemento da autonomía
- Desenvolvemento da área social e afectiva
- Apoio, información e formación da familia e do entorno.

A data límite para envío de CV é o próximo 19 de Agosto e os interesados poden dirixirse ao correo aspadex@gmail.com
Colegio Profesional de Logopedas de Galicia
Plaza de Portugal, 9 - bajo
15011 A Coruña
Tlf. 881 991 361 / Mvl. 604 058 765
e-mail: cplga@cplga.es
Diseño y Programación Web: ViaFisio, S.L. - www.viafisio.com