O CPLGA PIDE Á XUNTA QUE ACLARE A SITUACIÓN NA QUE SE ATOPA O COLECTIVO

31-03-2020 - Despois de que a Xunta nos remitise a resolución de 20 de marzo do Conselleiro de Sanidade ordenando o peche dos centros de logopedia en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, seguimos á espera de que o Ministerio de Sanidade dé resposta á mesma petición de peche realizada polo Consejo General de Colegios de Logopedas para todo o territorio nacional.
Ante esta situación e ante a contradición entre a normativa Estatal e Autonómica o CPLGA presentou esta mañá un escrito ante a Consellería de Sanidade pedindo que se aclare a situación na que se encontran os profesionais logopedas de Galicia e en consecuencia se teñen ou non que cesar a súa actividade presencial.

Acompañamos o documento.
Colegio Profesional de Logopedas de Galicia
Plaza de Portugal, 9 - bajo
15011 A Coruña
Tlf. 881 991 361 / Mvl. 604 058 765
e-mail: cplga@cplga.es
Diseño y Programación Web: ViaFisio, S.L. - www.viafisio.com