FIRMA DUN CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN COA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

22-10-2019 - A nosa presidenta, Ana Isabel Vázquez Lojo e o Reitor da Universidade de Siantiago de Compostela, Antonio López Díaz, asinaron onte un Convenio marco de colaboración entre a USC e o CPLGA.
O obxecto deste acordo é o establecemento dun marco de actuación para a colaboración entre a USC e o Colexio en actividades culturais, científicas, pedagóxicas, de investigación e outras que sexan de interese para as dúas partes e que constitúe unha declaración de intencións cuxo fin é promover auténticas relacións de beneficio mutuo en materia de colaboración académica.

Entre as modalidades de colaboración están a execución de proxectos e programas de investigación e desenvolvemento científico, a realizar entre os Institutos e/ou Centros da USC e o Colexio; a cooperación en programas de formación de persoal investigador e técnico; o asesoramento mutuo en cuestións relacionadas coa actividade das dúas entidades; a organización e execución de actividades comúns relacionadas coa promoción social da investigación, a docencia e o desenvolvemento tecnolóxico e cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e das actividades que constitúen o obxecto do presente Convenio Marco.
Colegio Profesional de Logopedas de Galicia
Plaza de Portugal, 9 - bajo
15011 A Coruña
Tlf. 881 991 361 / Mvl. 604 058 765
e-mail: cplga@cplga.es
Diseño y Programación Web: ViaFisio, S.L. - www.viafisio.com