A ESCOLA GALEGA DE SAÚDE PARA CIDADÁNS ORGANIZA SETE OBRADOIROS SOBRE O DCA

04-10-2019 - A Escola Galega de Saúde para Cidadáns organiza no mes de outubro unha serie de sete obradoiros sobre o dano cerebral adquirido que van estar impartidos por profesionais das asociacións de FEGADACE e baseados na guía 'Cousas que debes saber sobre o dano cerebral adquirido cando o teu familiar está no hospital', que presentaron en maio no Hospital Clínico de Santiago.
O obxectivo desta actividade formativa é mellorar as habilidades e coñecementos das persoas coidadoras, na liña de mellorar tanto a súa situación como familiares de persoas con dano cerebral como de mellorar a atención que finalmente reciben as persoas directamente afectadas. A guía na que se basean, que se repartirá en cada sesión, está ideada para apoiar nos primeiros momentos, mentres a persoa aínda está hospitalizada, proporcionando orientación e referencias para ampliar información, procurar recursos e preparar a volta ao fogar.

Os obradoiros previstos son sete, e terán lugar en cada unha das áreas sanitarias durante o mes de outubro.

Ferrol | 08/10/2019

16:30 a 19:30
Centro de Saúde Fontenla Maristany (Aula do 5º andar). Praza de España, 19 - Ferrol
Docente: Marta Barbeito, traballadora social de ADACECO

Ourense | 08/10/2019

16:30 a 19:30
Novo Edificio de Hospitalización (Aula 1, baixo). Complexo Hospitalari Uniersitario de Ourense
Docente: Jose A. Delgado, educador social de Renacer

A Coruña | 15/10/2019

16:30 a 19:30
Hospital Abente e Lago (Salón de Actos, 4º andar). Praza de España, 19 - A Coruña
Docente: Marta Barbeito, traballadora social de ADACECO


Santiago de Compostela | 22/10/2019

16:30 a 19:30
Hospital Clínico de Santiago (Aula 2). Santiago de Compostela
Docente: Ana Ruiz Sancho, terapeuta ocupacional de Sarela

Lugo | 24/10/2019

16:30 a 19:30
Hospital Lucus Augusti (Aula 304). Lugo
Docentes: Nerea Darriba, terapeuta ocupacional, e Lucía Fraiz, traballadora social de ADACE Lugo

Pontevedra | 28/10/2019

16:30 a 19:30
Hospital Provincial (Aula de docencia do 4º andar). Rúa Loureiro Crespo (entrada por Consultas Externas). Pontevedra
Docentes: Laura Ramírez, psicóloga, e Amparo Rodicio, neuropsicóloga de Alento


Vigo | 29/10/2019

16:30 a 19:30
Hospital Álvaro Cunqueiro (Aula 8). Vigo
Docentes: Laura Ramírez, psicóloga, e Amparo Rodicio, neuropsicóloga de Alento


A Escola Galega de Saúde para Cidadáns é un organismo do Sergas orientado á formación de pacientes, familias e cidadanía en xeral en materia de saúde, para mellorar a toma de decisións nos seus procesos de saúde-enfermidade.

Programas dos obradoiros e inscricións en: https://www.fegadace.org/a-escola-galega-de-saude-para-cidadans-organiza-sete-obradoiros-sobre-o-dca-gal.html
Colegio Profesional de Logopedas de Galicia
Plaza de Portugal, 9 - bajo
15011 A Coruña
Tlf. 881 991 361 / Mvl. 604 058 765
e-mail: cplga@cplga.es
Diseño y Programación Web: ViaFisio, S.L. - www.viafisio.com