V CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIA POLA EM

13-05-2019 - Un ano máis, a Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (A. C.E.M.) está a organizar a CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLA EM que este ano cursará a súa quinta edición. Nesta ocasión terá lugar o domingo 9 de xuño en Santiago de Compostela.
Trátase dunha actividade familiar que polos éxitos obtidos nas 4 edicións anteriores, estase a converter nun evento de referencia na cidade. Destacamos que na cuarta edición da carreira case chegamos ao milleiro de inscricións e este ano o obxectivo é incrementar a participación en todas as categorías e modalidades:

-CARREIRA segundo idade: pitufos, escolares (A, B, C), absoluta ( sub 23, senior, veteranos 1 e 2)
-ANDAINA: para todas as idades, así como para a participación de persoas con mobilidade reducida.
-DORSAL 0


A FINALIDADE da V CARREIRA E ANDAINA SOLIDARIAS POLA EM é dobre:

- Informar e sensibilizar á sociedade sobre a EM, enfermidade dexenerativa crónica, segunda causa de discapacidade en adultos novos.

- Captar fondos que permitan á asociación continuar coa prestación de servizos de rehabilitación integral, algúns deles non cubertos na actualidade pola administración sanitaria, sendo estes de vital importancia tanto a nivel preventivo como paliativo para as persoas afectadas.



LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO

A saída e a meta da proba terán lugar no estanque da Residencia Universitaria (Avenida de Antonio Raimundo Ibáñez). O seu percorrido desenvolverase ó longo da Alameda e a Residencia.



INSCRICIÓNS (lugar, data límite e prezo)

O custo da inscrición é de 6 euros.

A inscrición será efectiva dende o momento en que se faga o ingreso da cota, que poderá realizarse nas formas seguintes:

• Na Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple, sita na rúa Queixume dos Pinos s/n (Salgueiriños) en Santiago de Compostela, en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.

• A través da web http://polaesclerose.galitiming.com



O PRAZO DE INSCRICIÓN remata:

- o mércores 5 de xuño ás 14h para as inscricións presenciais en A.C.E.M.

- o xoves 6 de xuño ás 16h para as inscricións online

(polaesclerose.galitiming.com)



Non se aceptarán inscricións por teléfono nin inscricións fóra dos prazos indicados.



Máis información en https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/reglamento.php?id=9228
Colegio Profesional de Logopedas de Galicia
Plaza de Portugal, 9 - bajo
15011 A Coruña
Tlf. 881 991 361 / Mvl. 604 058 765
e-mail: cplga@cplga.es
Diseño y Programación Web: ViaFisio, S.L. - www.viafisio.com