XVI XORNADAS ALZHÉIMER. UN PROBLEMA DE TODOS

14-11-2018 - Os días 30 de novembro e 1 de decembro de 2018 celebraranse en Vigo as XVI Xornadas sobre a enfermidade de Alzheimer e outras demencias organizadas por AFAGA Alzheimer.
Con elas a asociación pretende ofrecer un punto de encontro para todos os profesionais (presentes e futuros) directa ou indirectamente relacionados con esta problemática.

Para Afaga Alzhéimer unha atención integral e adecuada a todos os seus enfermos só se pode conseguir mediante a preparación e sensibilización de todos os axentes implicados. É por iso que deciden organizar estas xornadas que xa se veñen celebrando dende o ano 2002.

As xornadas terán lugar na sede Afundación da rúa Policarpo Sanz, en Vigo. O prazo para inscribirse remata o 27 de novembro.

Acompañamos máis información en documento adxunto.
Colegio Profesional de Logopedas de Galicia
Plaza de Portugal, 9 - bajo
15011 A Coruña
Tlf. 881 991 361 / Mvl. 604 058 765
e-mail: cplga@cplga.es
Diseño y Programación Web: ViaFisio, S.L. - www.viafisio.com